top of page

Orixes

A Asociación Morrazo Radio nace no 2016 en Cangas, capital comarcal do Morrazo, para recuperar o proxecto radiofónico comezado con Radio Cangas no 2010.

Valores

Morrazo Radio é unha Asociación sen ánimo de lucro dedicada á difusión e á creación de actividades socio-culturais enmarcadas dentro da península do Morrazo.

O foco das nosas actuacións está centrado na Península do Morrazo, prestando un pouco máis de atención a Cangas, por razóns da facilidade de mobilidade dos integrantes actuais.

Somos e seremos sempre unha Asociación apolítica e desvinculada de calquera manifestación relixiosa, non relixiosa. Dado que as nosas actividades están enfocadas cara a todo o mundo, sen ningún tipo de distinción sexual, política ou relixiosa.

 

Consideramos que as nosas conviccións como Asociación, deben ser o máis abertas posibles.

O noso obxectivo é facer programas en directo, con entrevistas a artistas e persoas do Morrazo (músicos , escritores, persoas vinculadas a outras Asociacións e axudar desta forma difundir información de interese público).

Equipo

Dirección:

Miguelángel Parcero

Asociación Radio Morrazo:

Jose Manuel Malvido

bottom of page